Informática para a Protección de Datos


Datos e dispositivos cifrados

Confidencialidade da información persoal, profesional e financeira.


Borrado seguro de datos dixitais

Formatear o disco non é suficiente para facer os datos irrecuperábeis.


Anonimato e privacidade online

Comunicación segura, evasión da censura e navegación anónima.
01
Servizos

Axudámoste se…

02
Método

O que facemos

Solucións técnicas

Cubrimos a parte técnica da Protección de Datos: ordenadores, discos e teléfonos cifrados, limpeza segura de dispositivos vellos, solucións de mensaxeria e nube sen transferencia de datos a terceiros…

Auditoría de organizacións

Analisamos e avaliamos a seguridade do fluxo e a custodia de datos dentro de unha organización. Facemos avaliacións de impacto relativas á protección de datos (EIPD).

Formacións e mentorías

Capacitamos equipos na utilización de ferramentas informáticas para a protección de datos. Tamén ofrecemos mentorías individualizadas sobre seguridade, privacidade a anonimato dixital.

03
En que cremos

Valores


Dereito á privacidade

Todas as persoas temos dereito a decidir que aspectos da nosa vida queremos revelar aos outros ou ao Estado.


Liberdade de expresión

As persoas deben poder dicir o que pensan a quen quera escoitalas, e ter acceso ao que outros pensan e din.


Software libre

Temos dereito a saber que é o que fan as nosas máquinas, e por tanto a coñecer e a modificar o seu software.