Your Attractive Heading
O que facemos
Solucións técnicas
Dispositivos cifrados
Se en papel o guardarías nun sobre ou nun caixón, en dixital debe estar cifrado. Preparamos computadores, discos e pendrives para cumprir coa normativa vixente en Protección de Datos, e para facer que a tua información profesional, financeira ou persoal sexa completamente inaccesíbel a terceiros.

Eliminación segura de datos
Formatear un disco non é suficiente para facer irrecuperábeis os datos que foron escritos nel. Eliminalos de maneira efectiva antes de desfacernos de un dispositivo obsoleto, é unha exixencia legal para quen traballa con datos de carácter persoal.

Solucións de privacidade online
Cada vez é mais necesario utilizar servizos de cloud ou de intelixencia artificial (IA) aloxados en servidores de terceiros. Enviar datos sensíbeis a estes servizos pode comprometelos, e ser ilegal. Instalamos sistemas que permiten facelo mediante o cifrado local da información.

Formación

Competencias dixitais
Impartimos charlas e obradoiros práticos de sensibilización para colectivos vulnerábeis ante as ameazas dixitais á privacidade: adolescentes, terceira idade, segmentos da poboación pouco dixitalizados, etc.

Formamos persoal laboral
Profesionais que traballan con datos sensíbeis necesitan saber manexar ferramentas de criptografía que lles permitan protexer a información dos seus clientes. Ensinamos a utilizar ferramentas simples que ofrecen o nível de seguranza mais alto.

Cursos de protección de fontes
Ofrecemos cursos especializados para xornalistas, ONGs, investigadores… que necesiten comunicarse de forma anónima e segura, protexer a identidade das suas fontes, e garantir a disponibilidade e inviolabilidade das suas investigacións.

Mentorias individualizadas
Relizamos mentorías individualizadas (online ou presenciais) atendendo as necesidades e nivel de coñecimentos concretos de cada quen. Dirixidas a persoas que necesitan custodiar criptomoedas, navegar sen censura ou, simplemente, protexer a sua vida dixital.
Auditorías
Están en risco os teus datos?
Analisamos os procesos de toma, rexistro, comunicación, administración e custodia dos datos na tua organización, así como a infraestrutura dixital na que se levan a cabo, para detectar necesidades e propor solucións.