Your Attractive Heading
Sobre nós
Quen somos?
Queremos axudarte, con criptografía e software libre, a facer a tua vida dixital mais libre e mais privada.
Privacidade.info compómolo un equipo de persoas apaixonadas pola informática libre, mais profundamente preocupadas polo impacto antropolóxico que as TICs están a ter na nosa sociedade, e polas implicacións éticas da revolución tecnolóxica que estamos a vivir.
Opómonos por principios a que os grandes poderes (Estados e corporacións tecnolóxicas) teñan por primeira vez na historia a capacidade de vixiar, controlar e censurar ate os pensamentos e as relacións mais íntimas das persoas, e por iso desfrutamos ensinando a utilizar ferramentas dixitais que nos permitan revelar publicamente só o que nós decidamos, e protexer o resto da nosa vida dixital.
Traballamos integramente con ferramentas de código aberto, e non só porque somos entusiastas do software libre: tamén porque, en materia de seguranza, sabemos da importancia de confiar só en programas que a comunidade poda auditar e mellorar continuamente.